Intifada ghaiteira
Mudanza
Vémonos en Blogaliza, na nova
Intifada Ghaiteira
Firefox portátil e extensións (II)
Antes de nada, teño que falarvos dunha revolución, o Firefox Portable. Este é un Firefox que poderedes executar dende a vosa memoria USB (máis coñecida como pincho) en calquera ordenador. Así poderedes levar con vós, os vosos favoritos, extensións, e claves sen que teñades que preocuparvos por que queden gravadas nun ordenador alleo.
A única diferenza é que tarda un pouco máis en cargar, pero unha vez listo, non notaredes ningunha diferenza. E hai un pequeno problema, teredes o firefox en inglés, aínda que isto pódese solucionar.
Traducir Firefox ao galego
Comezamos por algo que xa deberiades ter feito fai moito tempo.
Buscamos o menú Tools (Herramientas ou Ferramentas) e eliximos Options (Opciones ou Opcións).
Pulsamos o botón Advanced (o último dos que saen) e despóis eliximos a primeira pestana (non me lembro o que puña, no meu chámase Xeral). Nela, embaixo seleccionamos o botón Edit Languages (Editar Idiomas).
Seleccionamos un novo idioma (o galego por suposto) e dámoslle a engadir, e despóis a subir ata que estea de primeiro na lista. Así o que facemos é que sempre se mostren preferentemente as páxinas escritas en galego.
Agora imos coa tradución propiamente dita.
Se temos o programa en inglés, primeiro temos que facer o seguiente.
Escribir na barra de direccións (onde escribimos as www)
about:config
e buscamos a liña que pon
general.useragent.locale
Modificámolo e pomos
es-ES
onde penso que antes puña en-US. Evidentemente, este paso podémolo saltar se temos o firefox en castelán.
Por último imos a páxina de galego21 e seguimos as instruccións do punto 2 de Como probar o programa?
E xa está.
Actualizar Favoritos no noso Firefox portable
Tan sinxelo como ir ao directorio do noso firefox "non portable", e copiar o arquivo bookmarks.html  que se atopa en
firefox_defaults_profile
no seu equivalente do Firefox portable.
E por último as extensións, que xa as esquecía.
Anonymouser
Trátase dun plug que permite a utilización directa do famoso web proxy Anonymouse. Para os que non teñades nin idea do que é un proxy dareivos unha pequena explicación, que agardo que vos permita facervos unha idea da súa utilidade.
Cando nos conectamos a unha páxina web, prodúcese un intercambio de información entre o noso ornador e o que almacena a páxina. Entre esa información atópase a IP dos dous, que é algo así coma o DNI dos ordenadores.
Ás veces, a nosa IP queda grabada en páxinas onde se amosa públicamente (algúns foros), ou utilízase para restrinxir a entrada a determinados lugares a un ordenador ou servicio determinado.
O proxy introduce outro ordenador polo medio, de forma que o noso ordenador pide as cousas ao intermedio, e este o servidor, de xeito que para o servidor non está a "falar" con nós, senón co intermedio.
As cousas non son exactamente así, e tampouco pensedes nin de broma que isto dávos auténtica anonimicidade, pero serve para que vos fagades unha idea.
VideoDownloader
Xa saberedes que ultimamente  están moi de moda as páxinas de vídeos como Youtube ou Google Video, onde podedes encontrar dende películas enteiras, videoclips ou os vídeos máis estranos que poidades imaxinar. O problema é que na maioría delas é moi complicado baixarse o vídeo, pero gracias a Javi moya, xa o podemos facer de xeito sinxelo (ou case).
Gmail Space
Moitos de vós teredes unha conta de 2GB en Gmail totalmente valdeira, cuns poucos megas ocupados. Pois con esta extensión, podemos usar eses 2 GB como se fora un disco duro, gardando nel arquivos e recuperándoos cando queiramos. A única limitación é que os arquivos de máis de 14MB deberemos partilos cun compresor ou un programa específico de partición coma o Hacha. O funcionamento é similar o de unha FTP, algo que a maioría non vos interesa, pero se buscades un cliente de FTP, aquí tedes un boísimo, o FireFtp.
Calculator
Ben, desta non hai moito que dicir, é unha calculadora como a que trae windows. A vantaxe que lle vexo é que permite abrila no navegador, no canto de ter que usar unha nova fiestra. Ademáis vai gardando as operacións e resultados, co que é máis doado detectar e arranxar erros.
Estas son as últimas novidades, e para os que non o saiban aquí tedes a anterior entrega.
Polo tolo
Levamos xa un tempiño atopando ata na sopa (nunca mellor dito) o tema da gripe aviar , e xa non o aturo máis, neste intre o único que me interesa e se hai que pechar ás pitas ou non. Que por que paso dun tema de interese mundial? Pois porque cada vez sóname máis a conto de vella, ou ao que é peor, a unha nova demostración do poder que teñen sobre a sociedade os medios de comunicación, posibelmente ao servizo do lado escuro.
Alaaaaaa, pero este que di? Pois si, son un conspiranoico, pero as miñas razóns teño. A min este medo esaxerado a unha posíbel pandemia, que levou a millares de españois a esgotar un fármaco totalmente inservíbel para unha enfermidade que todavía non existe (a pandemia viría no caso de que o virus mutase para poder trasmitírense entre persoas) e que nin se sabe se vai chegar a existir, lémbrame a outra enfermidade saída doutro recuncho lonxano que ía acabar con todos nós fai dous anos. Para os que xa o esquecerades, chamábase SARS ou neumonía atípica . Que foi dela? É como o Guadiana que aparece e desaparece? Unha de dúas, ou desapareceu completamente por si mesma, ou xa non é a enfermidade revelación coa que vender xornais ou comezar o telexornal. Aquí tedes unha especie de cronoloxía do que foi aquilo.
Está claro que nos atopamos ante a mesma situación, unha enfermidade que aparece de súpeto por mor dun animaliño dun país exótico que lla contaxia o home, para a que non hai cura e que é extremadamente contaxiosa e mortal. E logo non existía o ano pasado? Será a primeira vez que morre un parrulo en Alemaña por teren gripe? ¿Non deberiamos preocuparnos máis por outras enfermidades xa existentes que matan moita máis xente e que se están a espallar polo cambio climático?
Non sei, penso que non é bo meterlle medo a xente con algo que non podemos controlar, a menos que o que nos interese é precisamente que exista ese medo. E se pensades que eu barreno moito, aínda os hai peores.
Xa está, quedoume un texto cheo de ligazóns, o que non me gusta moito, pero xa sabedes, a gripe do polo ata na sopa.
FarodeVigo.br
Esta mañán cando fun ler o xornal Faro de Vigo atopeime coa pantalla que tedes a esquerda (pincha nela para ampliala). Que falle a páxina do Faro non é nada estraño, a min xa me ten pasado unha chea de veces, o que era especial era o idioma da mensaxe. Si, está en galego-portugués.
Non deixa de ser curioso que dentro dun xornal cheo de xornalistas e escritores galegos pero onde o galego só aparece polo que dirán, teñan que ser os homes e/ou mulleres de ciencias os que defendan o noso idioma.
Parabéns para o equipo informático do Faro, e esperemos que algo dese espírito se lle pegue aos que viven da palabra.
Neste momento xa funciona correctamente, así que os que non o vistes, teredes que confiar na miña captura
Actualizado 14:41
Como ben di el niño de la guía case con toda seguridade débese o idioma no que teño configurado o navegador, mais tería sido bonito, ou non?
O engano nazionalista
Baseándose na célebre frase de Goebbels "Unha mentira repetida mil veces convértese nunha realidade", o sector máis españoleiro e menos democrático da sociedade española fala da sobrerrepresentatividade dos partidos nacionalistas no congreso, como no caso de Alberto Recarte, licenciado en dereito e presidente dun deses panfletos con denominación de orixe "digital"
Segundo: son conscientes de que están vulnerando la Constitución; pero no están solos. Les apoyan todos los partidos nacionalistas –sobrerrepresentados en el Congreso por la ley electoral de 1977–
Segundo eles, os partidos nacionalistas teñen máis escanos dos que lle corresponden por número de votos debido a non existencia da circunscripción única. Ben, pois isto é totalmente falso, e moitos son os que o teñen demostrado. Todos coinciden en que o nacionalismo está representado na mesma proporción que lle corresponde por porcentaxe, e unicamente IU está por debaixo do que lle corresponde, repartíndose PP e PSOE os escanos "roubados".
Así que, se están tan preocupados pola lexitimidade, que deixen de nos mentir.
Seguindo co que comezei aquí, vou comentar agora algo que non é propiamente unha mentira, máis ben trátase de manipulación en todo o seu esplendor.
El mensaje con el que arrancó la campaña "Todos tenemos derecho a opinar" es el siguiente: "Estimado amigo/a. Te comunicamos que hoy día 26 de enero se ha puesto en marcha la campaña de recogida de firmas para solicitar al Presidente del Gobierno que someta a referéndum la siguiente consulta: "¿Considera conveniente que España siga siendo una única Nación en la que todos sus ciudadanos sean iguales en derechos, obligaciones, así como en el acceso a las prestaciones públicas?".
Como podedes comprobar, a primeira parte da pregunta introduce disimuladamente a afirmación de que españa é única e indivisíbel, de xeito que a atención cae sobre a segunda. Así se un está dacordo coa igualdade entre os cidadáns (algo que penso que é maioritario) respondería si a pregunta, aceptando o mesmo tempo a unicidade da nación española.
O máis incríbel do asunto, é que o mesmo que di defender a igualdade,  cre que os homosexuais non deben poder adoptar (será que non son cidadáns?), pide que se ensine relixión católica nas escolas ou defende a monarquía (institución que claramente non se basea na igualdade) Deben de ser diferenzas tan puntuais, que unhas pequenas mentes como as nosas nunca chegarán a o comprender, como tampouco comprenderemos por que outros poden ir a cadea se fan un referendo.
Por todo isto, quero proporvos a seguinte campaña.
Vota por eles
Xa que son moitos os que non poden mostrar o seu apoio a Mariano, fagámolo nós por eles. Trátase de inscribir a aqueles que consideremos que o merecen na páxina das peticións para o referendo. Supoño que estes votos non terán ningún valor e que serán anulados, e que só lles dará un pequeno traballo extra, pero non podo evitar desfrutar da idea de que chegasen a presentar unha lista con nomes como Francisco Franco, George W Bush ou Pepito Piscinas (constame que estes xa se inscribiron). Para os que vos animades decirvos que como isto é unha cousa seria pídese un número de DNI incluindo a letra, cousa que podedes conseguir aquí metendo 8 números ao chou.
Xa para rematar e aproveitando que estou a falares do referendo, dicir que descubrín que puxeron a miña montaxe na páxina de milinkito, que fai pouco fíxose moi famosa polo concurso de montaxes sobre a felictación de nadal dos Borbóns. E aproveitando que pasei por alí, tráiovos esta estupenda animación sobre un fato de esquíos traidores á causa.