Unha vez máis pido desculpas por ter tan esquecido isto, aínda que a maioría nin vos decatarades ;-). Veño a presentarvos outras extensións ou plugs para o Firefox, que poida que vos fagan a navegación pola rede máis doada e proveitosa.
Antes de nada, teño que falarvos dunha revolución, o Firefox Portable. Este é un Firefox que poderedes executar dende a vosa memoria USB (máis coñecida como pincho) en calquera ordenador. Así poderedes levar con vós, os vosos favoritos, extensións, e claves sen que teñades que preocuparvos por que queden gravadas nun ordenador alleo.
A única diferenza é que tarda un pouco máis en cargar, pero unha vez listo, non notaredes ningunha diferenza. E hai un pequeno problema, teredes o firefox en inglés, aínda que isto pódese solucionar.
Traducir Firefox ao galego
Comezamos por algo que xa deberiades ter feito fai moito tempo.
Buscamos o menú Tools (Herramientas ou Ferramentas) e eliximos Options (Opciones ou Opcións).
Pulsamos o botón Advanced (o último dos que saen) e despóis eliximos a primeira pestana (non me lembro o que puña, no meu chámase Xeral). Nela, embaixo seleccionamos o botón Edit Languages (Editar Idiomas).
Seleccionamos un novo idioma (o galego por suposto) e dámoslle a engadir, e despóis a subir ata que estea de primeiro na lista. Así o que facemos é que sempre se mostren preferentemente as páxinas escritas en galego.
Agora imos coa tradución propiamente dita.
Se temos o programa en inglés, primeiro temos que facer o seguiente.
Escribir na barra de direccións (onde escribimos as www)
about:config
e buscamos a liña que pon
general.useragent.locale
Modificámolo e pomos
es-ES
onde penso que antes puña en-US. Evidentemente, este paso podémolo saltar se temos o firefox en castelán.
Por último imos a páxina de galego21 e seguimos as instruccións do punto 2 de Como probar o programa?
E xa está.
Actualizar Favoritos no noso Firefox portable
Tan sinxelo como ir ao directorio do noso firefox "non portable", e copiar o arquivo bookmarks.html que se atopa en
firefox_defaults_profile
no seu equivalente do Firefox portable.
E por último as extensións, que xa as esquecía.
Anonymouser
Trátase dun plug que permite a utilización directa do famoso web proxy Anonymouse. Para os que non teñades nin idea do que é un proxy dareivos unha pequena explicación, que agardo que vos permita facervos unha idea da súa utilidade.
Cando nos conectamos a unha páxina web, prodúcese un intercambio de información entre o noso ornador e o que almacena a páxina. Entre esa información atópase a IP dos dous, que é algo así coma o DNI dos ordenadores.
Ás veces, a nosa IP queda grabada en páxinas onde se amosa públicamente (algúns foros), ou utilízase para restrinxir a entrada a determinados lugares a un ordenador ou servicio determinado.
O proxy introduce outro ordenador polo medio, de forma que o noso ordenador pide as cousas ao intermedio, e este o servidor, de xeito que para o servidor non está a "falar" con nós, senón co intermedio.
As cousas non son exactamente así, e tampouco pensedes nin de broma que isto dávos auténtica anonimicidade, pero serve para que vos fagades unha idea.
VideoDownloader
Xa saberedes que ultimamente están moi de moda as páxinas de vídeos como Youtube ou Google Video, onde podedes encontrar dende películas enteiras, videoclips ou os vídeos máis estranos que poidades imaxinar. O problema é que na maioría delas é moi complicado baixarse o vídeo, pero gracias a Javi moya, xa o podemos facer de xeito sinxelo (ou case).
Gmail Space
Moitos de vós teredes unha conta de 2GB en Gmail totalmente valdeira, cuns poucos megas ocupados. Pois con esta extensión, podemos usar eses 2 GB como se fora un disco duro, gardando nel arquivos e recuperándoos cando queiramos. A única limitación é que os arquivos de máis de 14MB deberemos partilos cun compresor ou un programa específico de partición coma o Hacha. O funcionamento é similar o de unha FTP, algo que a maioría non vos interesa, pero se buscades un cliente de FTP, aquí tedes un boísimo, o FireFtp.
Calculator
Ben, desta non hai moito que dicir, é unha calculadora como a que trae windows. A vantaxe que lle vexo é que permite abrila no navegador, no canto de ter que usar unha nova fiestra. Ademáis vai gardando as operacións e resultados, co que é máis doado detectar e arranxar erros.
Estas son as últimas novidades, e para os que non o saiban aquí tedes a anterior entrega.