Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Polo tolo

Archivado en Político-Social • Fecha: 24-02-2006 10:41:02

Sei que fai tempo que non escribo nada, e non é porque non se me ocorran máis trapalladas das miñas, éche por un conflito tecnolóxico. Entre que non estou tendo case tempo, e os problemas que teño cada vez que quero entrar ao panel de administración é imposíbel facer nada, pero se estades lendo isto é que á fin conseguín entrar, así que alá imos.



Levamos xa un tempiño atopando ata na sopa (nunca mellor dito) o tema da gripe aviar , e xa non o aturo máis, neste intre o único que me interesa e se hai que pechar ás pitas ou non. Que por que paso dun tema de interese mundial? Pois porque cada vez sóname máis a conto de vella, ou ao que é peor, a unha nova demostración do poder que teñen sobre a sociedade os medios de comunicación, posibelmente ao servizo do lado escuro.

Alaaaaaa, pero este que di? Pois si, son un conspiranoico, pero as miñas razóns teño. A min este medo esaxerado a unha posíbel pandemia, que levou a millares de españois a esgotar un fármaco totalmente inservíbel para unha enfermidade que todavía non existe (a pandemia viría no caso de que o virus mutase para poder trasmitírense entre persoas) e que nin se sabe se vai chegar a existir, lémbrame a outra enfermidade saída doutro recuncho lonxano que ía acabar con todos nós fai dous anos. Para os que xa o esquecerades, chamábase SARS ou neumonía atípica . Que foi dela? É como o Guadiana que aparece e desaparece? Unha de dúas, ou desapareceu completamente por si mesma, ou xa non é a enfermidade revelación coa que vender xornais ou comezar o telexornal. Aquí tedes unha especie de cronoloxía do que foi aquilo.

Está claro que nos atopamos ante a mesma situación, unha enfermidade que aparece de súpeto por mor dun animaliño dun país exótico que lla contaxia o home, para a que non hai cura e que é extremadamente contaxiosa e mortal. E logo non existía o ano pasado? Será a primeira vez que morre un parrulo en Alemaña por teren gripe? ¿Non deberiamos preocuparnos máis por outras enfermidades xa existentes que matan moita máis xente e que se están a espallar polo cambio climático?

Non sei, penso que non é bo meterlle medo a xente con algo que non podemos controlar, a menos que o que nos interese é precisamente que exista ese medo. E se pensades que eu barreno moito, aínda os hai peores.

Xa está, quedoume un texto cheo de ligazóns, o que non me gusta moito, pero xa sabedes, a gripe do polo ata na sopa.

Escrito por Xerelo
(0) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink



Comentarios

Los comentarios están bloqueados




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Clitoris