FarodeVigo.br
Archivado en
Revoltallo • Fecha: 30-01-2006 12:17:04
Esta mañán cando fun ler o xornal Faro de Vigo atopeime coa pantalla que tedes a esquerda (pincha nela para ampliala). Que falle a páxina do Faro non é nada estraño, a min xa me ten pasado unha chea de veces, o que era especial era o idioma da mensaxe. Si, está en galego-portugués.
Non deixa de ser curioso que dentro dun xornal cheo de xornalistas e escritores galegos pero onde o galego só aparece polo que dirán, teñan que ser os homes e/ou mulleres de ciencias os que defendan o noso idioma.
Parabéns para o equipo informático do Faro, e esperemos que algo dese espírito se lle pegue aos que viven da palabra.
Neste momento xa funciona correctamente, así que os que non o vistes, teredes que confiar na miña captura
Actualizado 14:41
Como ben di
el niño de la guía case con toda seguridade débese o idioma no que teño configurado o navegador, mais tería sido bonito, ou non?
Escrito por
Xerelo
(2)
Comentarios •
(0)
Referencias •
Permalink
Comentarios
-
Se tem o idioma do navegador em portugues já sabe a quem tem que dar os parabéns. A página default do apache testea o navegador antes de mostrar o conteúdo. Ou assim era.
el niño de la guía — 30-01-2006 13:18:31
-
Xa mo imaxanaba, pero cando fun comprobalo usando o explorer, non me aparecía ningunha páxina do Apache, mandábame a msn.search ou algo así.
Téñolle que botar unha ollada o navegador, xa que aínda que teño a orde dos idiomas galego, español e portugués, cando entro en google.com mándame a google brasil. Xerelo — 30-01-2006 16:00:42
Comentar