Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

O engano nazionalista

Archivado en Político-Social • Fecha: 28-01-2006 17:59:16

Que non vos estrañe o título, aínda que esta palabra veña sendo utilizada ultimamente polos nacionalistas españois para referírense aos nacionalismos periféricos. Pero, quen ten máis relación cos nazis? os que falan do dereito a elixir a onde se pertence ou os que queren impor a pertenza "porque lo dice tu carné de identidad" no mellor dos casos? Así que eu decidin usala a partir de agora para referirme o rancio nacionalismo español.

Baseándose na célebre frase de Goebbels "Unha mentira repetida mil veces convértese nunha realidade", o sector máis españoleiro e menos democrático da sociedade española fala da sobrerrepresentatividade dos partidos nacionalistas no congreso, como no caso de Alberto Recarte, licenciado en dereito e presidente dun deses panfletos con denominación de orixe "digital"

Segundo: son conscientes de que están vulnerando la Constitución; pero no están solos. Les apoyan todos los partidos nacionalistas –sobrerrepresentados en el Congreso por la ley electoral de 1977–
Segundo eles, os partidos nacionalistas teñen máis escanos dos que lle corresponden por número de votos debido a non existencia da circunscripción única. Ben, pois isto é totalmente falso, e moitos son os que o teñen demostrado. Todos coinciden en que o nacionalismo está representado na mesma proporción que lle corresponde por porcentaxe, e unicamente IU está por debaixo do que lle corresponde, repartíndose PP e PSOE os escanos "roubados".

Así que, se están tan preocupados pola lexitimidade, que deixen de nos mentir.

Seguindo co que comezei aquí, vou comentar agora algo que non é propiamente unha mentira, máis ben trátase de manipulación en todo o seu esplendor.
El mensaje con el que arrancó la campaña "Todos tenemos derecho a opinar" es el siguiente: "Estimado amigo/a. Te comunicamos que hoy día 26 de enero se ha puesto en marcha la campaña de recogida de firmas para solicitar al Presidente del Gobierno que someta a referéndum la siguiente consulta: "¿Considera conveniente que España siga siendo una única Nación en la que todos sus ciudadanos sean iguales en derechos, obligaciones, así como en el acceso a las prestaciones públicas?".

Como podedes comprobar, a primeira parte da pregunta introduce disimuladamente a afirmación de que españa é única e indivisíbel, de xeito que a atención cae sobre a segunda. Así se un está dacordo coa igualdade entre os cidadáns (algo que penso que é maioritario) respondería si a pregunta, aceptando o mesmo tempo a unicidade da nación española.

O máis incríbel do asunto, é que o mesmo que di defender a igualdade, cre que os homosexuais non deben poder adoptar (será que non son cidadáns?), pide que se ensine relixión católica nas escolas ou defende a monarquía (institución que claramente non se basea na igualdade) Deben de ser diferenzas tan puntuais, que unhas pequenas mentes como as nosas nunca chegarán a o comprender, como tampouco comprenderemos por que outros poden ir a cadea se fan un referendo.


Por todo isto, quero proporvos a seguinte campaña.

Vota por eles


Xa que son moitos os que non poden mostrar o seu apoio a Mariano, fagámolo nós por eles. Trátase de inscribir a aqueles que consideremos que o merecen na páxina das peticións para o referendo. Supoño que estes votos non terán ningún valor e que serán anulados, e que só lles dará un pequeno traballo extra, pero non podo evitar desfrutar da idea de que chegasen a presentar unha lista con nomes como Francisco Franco, George W Bush ou Pepito Piscinas (constame que estes xa se inscribiron). Para os que vos animades decirvos que como isto é unha cousa seria pídese un número de DNI incluindo a letra, cousa que podedes conseguir aquí metendo 8 números ao chou.


Xa para rematar e aproveitando que estou a falares do referendo, dicir que descubrín que puxeron a miña montaxe na páxina de milinkito, que fai pouco fíxose moi famosa polo concurso de montaxes sobre a felictación de nadal dos Borbóns. E aproveitando que pasei por alí, tráiovos esta estupenda animación sobre un fato de esquíos traidores á causa.


Escrito por Xerelo
(3) Comentarios • (0) ReferenciasPermalink


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. O Generale Jose Mena Aguado já firmou ;) E Jose Antonio!!!

    Tawil — 28-01-2006 20:30:02

  2. Adolfo Gil Ler, xa asinou.

    Fito — 30-01-2006 12:20:34

  3. Polo que se ve Harry Potter xa o fixo dúas veces.

    http://www.20minutos.es/noticia/87061/0/potter/pp/...

    Bubelo — 02-02-2006 17:16:16


Comentar



Recordar datos




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Sexos