Moitas veces decido non falar dun determinado tema aínda que sexa o tema do momento, porque supoño que xa estaredes saturados del, e porque acostuman a seren cousas que ou un é moi sectario, ou sábese de sobra o tamaño das burradas que se din ao respecto. Neste caso farei unha excepción porque o noso ilustre paisano meréceo.
Levamos xa moito tempo aturando os comentarios alarmistas do señor dos hilillos, falando do esgazamento de españa e inconstitucionalidades varias, mais claro, cando alertas, sempre chega o momento no que se demostra se tiñas ou non razón. E ese día chegou cando ZP e máis Mas acordaron un texto para o estatuto catalán, que para desgraza de moitos, nin racha a unidade de españa nin é anticonstitucional, polo que o que tanto berrou e laiou, queda como un carallán que ou ben non sabe do que fala ou ben só buscaba asustar.
Que se pode facer entón para desvia-la atención do teu cu, cando se atopa totalmente ao descuberto? Pois nada mellor que falar dun referendo.
"Como aquí no estamos reformando un Estatuto de autonomía, sino cambiando el modelo de Estado, vamos a presentar una proposición de ley de iniciativa popular pidiendo un referéndum', dijo Mariano Rajoy en el Fórum de Nueva Economía.Pois si, o mesmo que formaba parte dun goberno que meteu a españa nunha guerra sen pasar polo congreso como di a constitución, sen importarlle unha merda a opinión do 90% da poboación que estaba en contra, quere facer un referendo para que decida toda españa como se deben gobernaren os catalás. Incríbel, que vai se-lo próximo? Un referendo para que decidan se podemos falar galego na Galiza? Referendo para a eliminación das exencións fiscais de Canarias?
The response of the center-left government of Prime Minister José Luis Rodríguez Zapatero has been appropriately firm, including the dismissal and arrest of one of the culprits, a senior army general. Regrettably, the center-right Popular Party, the main opposition group, seems more interested in making excuses for the officers than in defending the democratic order in which it has a vital stake.Que vén querendo dicir
A resposta do goberno de centro-esquerda do primeiro ministro José Luis Rodríguez Zapatero foi apropiada e firme, o que incluiu a destitución e arresto dun dos responsábeis, un importante xeneral. Tristemente, o Partido Popular, de centro-dereita, principal partido da oposición, parece máis interesado en desculpar aos oficiais que en defender a orde democrática.
[...] aquí, vou comentar agora algo non é propiamente unha mentira, máis ben trátase de manipulación en todo o seu esplendor. El mensaje con el que arrancó la campaña "Todos tenemos derecho a opinar" es el siguiente: "Estimado amigo/a. Te comuni [...]
agree