E ti, amigo ou inimigo?
Archivado en
Político-Social • Fecha: 18-01-2006 00:20:52

Non, Rajoy non toleu (máis do normal) nin se trata dunha montaxe co Photoshop. É unha
foto real tirada neste Nadal en Madrid, e forma parte dunha
serie de accións de protesta que xa se dera
o pasado ano.
Algúns preguntarédesvos a quen carallo se lle ocorrería facer isto e por que. Pois trátase de
contrapublicidade, algo que podería definirse como
La contrapublicidad representa un movimiento de crítica a la publicidad y, a través de ella, a las grandes empresas y multinacionales que la utilizan. El término está acuñado por grupos y organizaciones que rechazan el modelo económico dominante y las prácticas empresariales abusivas o no compatibles con el desarrollo sostenible.
Así que é unha crítica á sociedade mesturada con deseño, o que non sei é como puiden tardar tanto en falar dela. Coido que un dos refentes internacionais é
Adsbusters, en españa
ConsumeHastaMorir, e por suposto na Galiza non podemos esquecer aos
Aduaneirossemfronteiras.
Lembrade, aproveitando que estamos en
rebaixas, que non por máis consumir ides ser máis felices, e que non é imposíbel facerlle frente as multinacionais que tentan decotío impornos que queremos e necesitamos.
E non podía rematar sen facer unha aportación á causa.

Escrito por
Xerelo
(0)
Comentarios •
(0)
Referencias •
Permalink
Comentarios
Comentar